EPISODIOS

Desde aquí podes acceder ao visionado online de Serramoura

Capítulo 24. Un asunto persoal. 

Un novo corpo apareceu nos montes de Serramoura. Tras as primeiras investigacións, todo indica que se trata da nai de Marga, que abandonou o seu fogar fai trinta anos. Alleos ó achado do corpo, dona Teresa e Evaristo alíanse para botar a Santos do serradoiro. De novo, todas as preguntas cinguense en torno a unha: Quen foi o asasino?

<<< Ver capítulo 24 >>>

Capítulo 23. Desde a tumba. 

Con Anxo morto, a Garga Civil non escatima en esforzos para atopar a Silvia sá e salva. Ás tarefas de busca tamén se unen os veciños de Serramoura, agás Santos que está moi ocupado por manter o control do serradoiro.

<<< Ver capítulo 23 >>>

Capítulo 22. Condena. 

O xogo de Anxo continúa. No cuartel, Marga e Diego están desesperados por atopar o zulo onde Silvia está secuestrada. Ademáis, a sarxento Inés está fora de control e non respeta as ordes do posto de mando o que porá en perigo a búsqueda da rapaza.

<<< Ver capítulo 22 >>>

Capítulo 21. Sacrificios. 

O medo sembrouse en Serramoura. Aparece o corpo da turista sen vida, e o asasino segue solto, máis forte, imparable. Volve a atacar, esta vez a víctima é unha rapaza do pobo. Organízanse batidas populares na súa búqueda e no cuartel non chegan a un acordo entre Tomás e a Sarxento Inés Carro. Por oturo lado, a Santos o nomean “empresario do ano”.

<<< Ver capítulo 21 >>>

Capítulo 20. De caza. 

Unha turista desaparece en extrañas cirsunstancias. No cuartel vense desbordados polo asunto, polo que dende comandancia envían un reforzo, unha criminóloga cun método de traballo que non gustará nada ós de Serramoura. Mentres, os negocios de Santos prosperan. En cambio, para ós Fiúza a vida non lles trata tan ben, a familia québrase por completo.

<<< Ver capítulo 20 >>>

Capítulo 19. Guerra. 2ªparte.

Serramoura é o escenario dunha guerra entre maderistas. A Garda Civil ten que deter canto antes estos enfrentamentos entre Evaristo e Santos. Se a situación xa é perigosa, Alex complicao máis ó publicar unha reportaxe moi pouco apropiada no xornal onde comezou a traballar.

<<< Ver capítulo 19 >>>

Capítulo 18. Guerra. 1ªparte.

Pasaron oito meses e Serramoura segue dividida en dous bandos: as cuadrillas de Evaristo e as de Santos, a tensión aumenta en cada momento e a inseguridade cidadá faise máis presente na vila. Mentres no monte loitan, en casa de Raquel crece a familia, xa naceu o seu fillo, o herdeiro dos Soutelo tan desexado por Dona Teresa.

<<< Ver capítulo 18 >>>

Capítulo 17. Foraxido.

No cuartel non dan feito. Grazas á maniobra de Dona Teresa teñen que deter ó culpable do asasinato de Araceli e a Gonzalo que se fugou do cárcere coa axuda de Santos. Ademáis, en Serramoura estase xestando un enfrentamento entre Evaristo e Santos que divide a vila en dous bandos.

<<< Ver capítulo 17 >>>

Capítulo 16. Chantaxe.

Grazas á información que Luz facilita a Marga e a Quique, os axentes ponse detrás dunha pista: un vídeo que Sara lle entrega a Dona Teresa. A identidade do asasino está a punto de ser desvelada.

<<< Ver capítulo 16 >>>

Capítulo 15. Cumprir a lei é complicado.

As únicas pistas para seguir a investigación son un listado de chamadas e un correo electrónico, polo que Marga propón tender unha trampa e cazar ó responsable da morte de Araceli. Ademáis, Sara está mentindo e no cuartel sábeno. E por se isto non fose suficiente, Diego ten que enfrontarse a Asuntos Internos.

<<< Ver capítulo 15 >>>

Capítulo 14. A testemuña.

O caso complícase, o sicario anda detrás de Sara, a única testigo do accidente. Para Marga e Diego a súa misión é asegurar a súa protección e conseguir que testifique.

<<< Ver capítulo 14 >>>

Capítulo 13. Poñerse en pé.

Un accidente de tráfico sacude o cuartel de Serramoura. No lugar do sinistro, Marga e Diego danse conta de que se trata dun asasinato e non dubidan un só intre en atopar ó culpable. Mentres tanto, Santos aproveita a ausencia de Evaristo para tomar o control do serradoiro.

<<< Ver capítulo 13 >>>

Capítulo 12. A caza.

Co asasino fuxido, a vila e o Posto de Mando da Garda Civil revoluciónanse. Mentres no cuartel planifican a súa busca e captura, Evaristo organiza á vila para ir tras el, afeito como está a toma-la xustiza pola man.

<<< Ver capítulo 12 >>>

Capítulo 11. Sobran os motivos.

Tras ver sair ó asasino do galpón cos seus propios ollos, as pezas do puzzle encaixan a perfección. Agora deberán reunir probas para desenmascaralo. Traballo complicado de facer sen levantar sospeitas. E máis tendo en conta que o asasino segue un paso diante deles. ¿Como atrapalo?

<<< Ver capítulo 11 >>>

Capítulo 10. Criminal.

Marga, convencida de que o asasino os está enganando de novo, segue os pasos da investigación que desenvolveu Emilio para atopar ó verdadeiro culpable. Mentres tanto, asuntos internos quere acabar con Diego, e intenta que Tomás e Quique testifiquen na súa contra.

<<< Ver capítulo 10 >>>

Capítulo 9. Sospeitas.

Pancho deberá decidir se acaba coa vida de Diego Bazón. De non facelo, Santos tomará represalias coa súa familia. Emilio, convertido nun paria dentro de Serramoura, investiga a morte de Mónica Triáns pola súa conta, disposto a demostra-la súa inocencia.

<<< Ver capítulo 9 >>>

Capítulo 8. Arma homicida.

Con Pancho declarado inocente, agora a liña de traballo de Diego e Marga vai en dúas direccións: Emilio de la Cruz, o doutor da vila co que mantiña unha relación en segredo chea de discusións e desencontros, e Román Fiuza, o seu ex, que a acosaba e ameazábaa. O problema xurdirá cando de xeito misterioro faga a súa aparición o arma do crime.

<<< Ver capítulo 8 >>>

Capítulo 7. A Festa da Leña.

No galpón que rexistran Diego e Marga encontran unha cámara na que Mónica deixou gravado un vídeo no que explicaba que fora a Serramoura o día despois de ver publicada unha foto no xornal. Os nosos protagonistas necesitan atopar esa fotografía, pois podería revelar quen é o verdadeiro asasino de Mónica.

<<< Ver capítulo 7 >>>

Capítulo 6. Saldar contas.

Tomás, o tenente de Serramoura, recibe unha boa malleira debido a unhas débedas de xogo. Como Tomás non quere que ninguén se meta nos seus asuntos Diego debera espialo para dar co culpable. O que descubre Diego é que os segredos en Serramoura chegan moito máis aló do que pensaba. Os sospeitosos de sé-los asasinos de Mónica Triáns aumentan.

<<< Ver capítulo 6 >>>

Capítulo 5. Unha amiga.

En Serramoura, organizado por Marga e Raquel, celébrase un funeral na honra de Mónica. Un último adeus. Pero mentres o seu verdadeiro asasino siga solto non poderá descansar en paz. ¿Quen matou a Mónica Triáns? A lista de sospeitosos aumenta ó incluirse ó descoñecido que aparece xunto a Mónica Triáns na fotografía furtiva que Román Fiuza lle sacou, levado pola súa obsesión.

<<< Ver capítulo 5 >>>

Capítulo 4. Lume.

Un incendio provocado convértese nun novo caso dos nosos protagonistas. Os terreos de Evaristo están ardendo e con eles o futuro da vila. A garda civil debe dar co culpable antes de que Evaristo imparta a súa propia xustiza.

<<< Ver capítulo 4 >>>

Capítulo 3. Queimando probas.

Un atraco nun banco a punta de pistola conmociona novamente Serramoura. O atracador non levou carto algún, só unha caixa de seguride a nome de Mónica Triáns. Diego e Marga deben buscar a conexión entre ambos crimes.

<<< Ver capítulo 3 >>>

Capítulo 2. O año na lobeira.

Un asalto con agresión no pequeno dispensario da vila, dirixido polo doutor Emilio de la Cruz, porá ós nosos protagonistas na pista dun tóxicomano da vila. Pero as súas pesquisas acaban relacionándoo co caso de Mónica Triáns. ¿Están ambos crimes conectados?

<<< Ver capítulo 2 >>>

Capítulo 1. Homicidio.

A aparente tranquilidade de Serramoura vese truncada o día que Mónica Triáns, unha rapaza duns 25 anos, aparece asasinada no medio do monte. Deseguido, a Garda Civil envía a Diego, un experto que se unirá a Marga, unha axente da zona, para investigar o caso.

<<< Ver capítulo 1 >>>

Séguenos en…

DESCUBRE MÁIS SERRAMOURA…

#QUEDAMOITASERRAMOURA

SERIE PRODUCIDA POR…

PARA…