EPISODIOS

 

Desde aquí podes acceder ao visionado online de Serramoura

Capítulo 39. Contar ata cen.

En Serramoura, os accidentes laborais no monte son demasiado frecuentes. Pero atopar un cadáver esmagado por unha árbore xa non é tan frecuente. Por iso, a primeira hipótese que manexan Marga e Diego é a do homicidio. Mentres tanto, Pancho xa ten un novo traballo. Hugo propúxolle asociarse con el como intermediario entre os propietarios e as fábricas. Pero Evaristo non tardará en enterarse…

<<< Ver capítulo 39 >>>

Capítulo 38. Saldando contas.

O caso dos roubos está resolto, pero Marga e Diego atoparon no maleteiro dun dos coches un cadáver. Agora a os sarxentos Neira e Bazán teñen por diante un novo caso de homicidio. Por fin chegou a xornada de votación. Toda Serramoura está chamada aos colexios para elixir ao novo alcalde, e Evaristo non consegue partir como favorito.

<<< Ver capítulo 38 >>>

Capítulo 37. Loita de poder.

Un aviso alerta aos ao cuartel dunha ondada de roubos de coches e como non, o primeiro sospeitoso é Santos. Marga e Diego terán que empregarse a fondo para descubrir ao ladrón. Mentres tanto, a campaña electoral segue presente nas vidas dos veciños de Serramoura. Teresa aconsella a Evaristo que organice un mitin no serradoiro, pero a Román e a Hugo non lles convence a idea.

<<< Ver capítulo 37 >>>

Capítulo 36. Todo por nada.

A pesar da agresión que Román lle fixo a Quique, a Garda Civil ten que traballar contra reloxo para pechar a investigación sobre a morte de Álex. A campaña electoral volveuse máis agresiva. Rogelio aproveita a agresión para atacar a Evaristo, que a pesar do apoio de dona Teresa, non consegue o apoio dos veciños na carreira electoral.

<<< Ver capítulo 36 >>>

Capítulo 35. Moito que calar.

Marga e Diego puxeron en marcha o seu plan: reunir aos catro sospeitosos da morte de Álex na taberna para escoitar e ver as súas reaccións. E como era de esperar, o plan deu resultado. Dous deles puxéronse en contacto tan pronto como saíron da taberna. O que Diego e Marga non esperan é que Santos teña información privilexiada.

<<< Ver capítulo 35 >>>

Capítulo 34. Catro sospeitosos.

Os cartos que atoparon Marga e Diego no pendello do grupo parroquial, lonxe de botar luz sobre o caso, complicou a investigación máis aínda.   Por sorte, Pancho ten unha pista que non dubidará en compartir con Marga. Mentres tanto, Evaristo segue coa súa aspiración de chegar á alcaldía. Inmerso na confección da lista, no será consciente das manobras de Rogelio para botalo fora das eleccións.

<<< Ver capítulo 34 >>>

Capítulo 33. Soterrado.

Con Lucas desaparecido e Noriega posto en liberdade, Marga e Diego son conscientes de que a investigación corre perigo de estancarse, por iso deciden acurralar a Tomás para que lles permita interrogar a Amancio e a o vigairo. Mentres tanto, Evaristo, co apoio de Teresa, vai concorrer ás eleccións, pero o xogo sucio de Rogelio vai embazar as súas aspiracións para chegar a alcaldía de Serramoura.

<<< Ver capítulo 33 >>>

Capítulo 32. Promesas.

“Maelus”. A palabra que repetía Lucas na sala de interrogatorios parece ser a clave para resolver o caso do asasinato de Álex, así que Marga e Diego teñen que poñerse mans á obra para atoparlle un significado. Mentres tanto, Gloria cre que xa controla o serradoiro e con axuda de Santos poñerán en marcha un plan para estafar a dona Teresa.

<<< Ver capítulo 32 >>>

Capítulo 31. Isto é só o principio.

A traxedia volve a Serramoura e afecta de cheo a unha das familias máis queridas da a noticia chega rápidamente a Marga e Diego, que en vez de deixar que lles afecte, comezan a investigar a morte en estrañas circunstancias dunha veciña de Serramoura.

<<< Ver capítulo 31 >>>

Capítulo 30. Asinado Sarxento Neira.

Marga e Raquel teñen unha nova pista que as pode axudar a descubrir a identidade do asasino da súa nai. No cuartel, Diego e Quique traballan xuntos para atopar ao violador que anda solto por Serramoura. Ademáis, Teresa e Evaristo están decididos a loitar co cura polo control das explotacións madeireiras.

<<< Ver capítulo 30 >>>

Capítulo 29. Penitencias.

Xa é noite, e en Serramoura está a piques de cometerse unha violación. Alleas ao que vai suceder, Marga e Raquel seguen centradas no caso da súa nai. Mentres tanto, Evaristo e Teresa están empeñados en conseguir os terreos da parroquia para evitar a ampliación do Plan Natura.

<<< Ver capítulo 29 >>>

Capítulo 28. O prezo a pagar.

O dispositivo de busca e captura non deu resultado, e tras a ameaza de Iago, Marga ten que vivir con medo a un ataque por vinganza. A protección de Diego será vital para protexer á sarxento Neira. Por outra banda, a desesperación de Roque lévao a actuar e botar por terra o seu soño cando chegou a Serramoura.

<<< Ver capítulo 28 >>>

Capítulo 27. Foraxidos. 2ª parte.  

Marga e Diego teñén por diante a difícil tarefa de deter aos asaltantes, pero Evaristo non está pola labor de deixar á Garda Civil facer o seu traballo. Con Marga ocupada en atopar a Iago e Candi, Raquel non ten opción que seguir investigando pola súa conta a morte da súa nai. E por se isto non fose suficiente, Santos segue empeñado en recuperar a súa posición, pero para iso ten que conseguir cartos.

<<< Ver capítulo 27 >>>

Capítulo 26. Foraxidos. 1ª parte.  

A investigación sobre a morte da nai de Marga queda suspendida porque un perigosos atracadores chegaron a Serramoura. O sarxentos Neira e Bazán teñen que poñer en marcha un operativo de rescate para liberar aos Fiúza do secuestro. Mentres tanto, Raquel consegue uns papeis que relacionan a súa nai e a familia Soutelo. Que terá que dicir Dona Teresa?

<<< Ver capítulo 26 >>>

Capítulo 25. Serramoura, 1982. 

Con Moncho detido, Marga loita por atopar ao verdadeiro culpable da morte da súa nai. A pistola e os recordos que ten Raquel daquel día, sinalan a Tomás, pero Diego atopa unha nova pista que de novo, complícao todo. No serradoiro, coa alianza entre Evaristo e Teresa provocaron a saída estrepitosa de Santos que garda un ás na manga: Gloria.

<<< Ver capítulo 25 >>>

Capítulo 24. Un asunto persoal. 

Un novo corpo apareceu nos montes de Serramoura. Tras as primeiras investigacións, todo indica que se trata da nai de Marga, que abandonou o seu fogar fai trinta anos. Alleos ó achado do corpo, dona Teresa e Evaristo alíanse para botar a Santos do serradoiro. De novo, todas as preguntas cinguense en torno a unha: Quen foi o asasino?

<<< Ver capítulo 24 >>>

Capítulo 23. Desde a tumba. 

Con Anxo morto, a Garga Civil non escatima en esforzos para atopar a Silvia sá e salva. Ás tarefas de busca tamén se unen os veciños de Serramoura, agás Santos que está moi ocupado por manter o control do serradoiro.

<<< Ver capítulo 23 >>>

Capítulo 22. Condena. 

O xogo de Anxo continúa. No cuartel, Marga e Diego están desesperados por atopar o zulo onde Silvia está secuestrada. Ademáis, a sarxento Inés está fora de control e non respeta as ordes do posto de mando o que porá en perigo a búsqueda da rapaza.

<<< Ver capítulo 22 >>>

Capítulo 21. Sacrificios. 

O medo sembrouse en Serramoura. Aparece o corpo da turista sen vida, e o asasino segue solto, máis forte, imparable. Volve a atacar, esta vez a víctima é unha rapaza do pobo. Organízanse batidas populares na súa búqueda e no cuartel non chegan a un acordo entre Tomás e a Sarxento Inés Carro. Por oturo lado, a Santos o nomean “empresario do ano”.

<<< Ver capítulo 21 >>>

Capítulo 20. De caza. 

Unha turista desaparece en extrañas cirsunstancias. No cuartel vense desbordados polo asunto, polo que dende comandancia envían un reforzo, unha criminóloga cun método de traballo que non gustará nada ós de Serramoura. Mentres, os negocios de Santos prosperan. En cambio, para ós Fiúza a vida non lles trata tan ben, a familia québrase por completo.

<<< Ver capítulo 20 >>>

Capítulo 19. Guerra. 2ªparte.

Serramoura é o escenario dunha guerra entre maderistas. A Garda Civil ten que deter canto antes estos enfrentamentos entre Evaristo e Santos. Se a situación xa é perigosa, Alex complicao máis ó publicar unha reportaxe moi pouco apropiada no xornal onde comezou a traballar.

<<< Ver capítulo 19 >>>

Capítulo 18. Guerra. 1ªparte.

Pasaron oito meses e Serramoura segue dividida en dous bandos: as cuadrillas de Evaristo e as de Santos, a tensión aumenta en cada momento e a inseguridade cidadá faise máis presente na vila. Mentres no monte loitan, en casa de Raquel crece a familia, xa naceu o seu fillo, o herdeiro dos Soutelo tan desexado por Dona Teresa.

<<< Ver capítulo 18 >>>

Capítulo 17. Foraxido.

No cuartel non dan feito. Grazas á maniobra de Dona Teresa teñen que deter ó culpable do asasinato de Araceli e a Gonzalo que se fugou do cárcere coa axuda de Santos. Ademáis, en Serramoura estase xestando un enfrentamento entre Evaristo e Santos que divide a vila en dous bandos.

<<< Ver capítulo 17 >>>

Capítulo 16. Chantaxe.

Grazas á información que Luz facilita a Marga e a Quique, os axentes ponse detrás dunha pista: un vídeo que Sara lle entrega a Dona Teresa. A identidade do asasino está a punto de ser desvelada.

<<< Ver capítulo 16 >>>

Capítulo 15. Cumprir a lei é complicado.

As únicas pistas para seguir a investigación son un listado de chamadas e un correo electrónico, polo que Marga propón tender unha trampa e cazar ó responsable da morte de Araceli. Ademáis, Sara está mentindo e no cuartel sábeno. E por se isto non fose suficiente, Diego ten que enfrontarse a Asuntos Internos.

<<< Ver capítulo 15 >>>

Capítulo 14. A testemuña.

O caso complícase, o sicario anda detrás de Sara, a única testigo do accidente. Para Marga e Diego a súa misión é asegurar a súa protección e conseguir que testifique.

<<< Ver capítulo 14 >>>

Capítulo 13. Poñerse en pé.

Un accidente de tráfico sacude o cuartel de Serramoura. No lugar do sinistro, Marga e Diego danse conta de que se trata dun asasinato e non dubidan un só intre en atopar ó culpable. Mentres tanto, Santos aproveita a ausencia de Evaristo para tomar o control do serradoiro.

<<< Ver capítulo 13 >>>

Capítulo 12. A caza.

Co asasino fuxido, a vila e o Posto de Mando da Garda Civil revoluciónanse. Mentres no cuartel planifican a súa busca e captura, Evaristo organiza á vila para ir tras el, afeito como está a toma-la xustiza pola man.

<<< Ver capítulo 12 >>>

Capítulo 11. Sobran os motivos.

Tras ver sair ó asasino do galpón cos seus propios ollos, as pezas do puzzle encaixan a perfección. Agora deberán reunir probas para desenmascaralo. Traballo complicado de facer sen levantar sospeitas. E máis tendo en conta que o asasino segue un paso diante deles. ¿Como atrapalo?

<<< Ver capítulo 11 >>>

Capítulo 10. Criminal.

Marga, convencida de que o asasino os está enganando de novo, segue os pasos da investigación que desenvolveu Emilio para atopar ó verdadeiro culpable. Mentres tanto, asuntos internos quere acabar con Diego, e intenta que Tomás e Quique testifiquen na súa contra.

<<< Ver capítulo 10 >>>

Capítulo 9. Sospeitas.

Pancho deberá decidir se acaba coa vida de Diego Bazón. De non facelo, Santos tomará represalias coa súa familia. Emilio, convertido nun paria dentro de Serramoura, investiga a morte de Mónica Triáns pola súa conta, disposto a demostra-la súa inocencia.

<<< Ver capítulo 9 >>>

Capítulo 8. Arma homicida.

Con Pancho declarado inocente, agora a liña de traballo de Diego e Marga vai en dúas direccións: Emilio de la Cruz, o doutor da vila co que mantiña unha relación en segredo chea de discusións e desencontros, e Román Fiuza, o seu ex, que a acosaba e ameazábaa. O problema xurdirá cando de xeito misterioro faga a súa aparición o arma do crime.

<<< Ver capítulo 8 >>>

Capítulo 7. A Festa da Leña.

No galpón que rexistran Diego e Marga encontran unha cámara na que Mónica deixou gravado un vídeo no que explicaba que fora a Serramoura o día despois de ver publicada unha foto no xornal. Os nosos protagonistas necesitan atopar esa fotografía, pois podería revelar quen é o verdadeiro asasino de Mónica.

<<< Ver capítulo 7 >>>

Capítulo 6. Saldar contas.

Tomás, o tenente de Serramoura, recibe unha boa malleira debido a unhas débedas de xogo. Como Tomás non quere que ninguén se meta nos seus asuntos Diego debera espialo para dar co culpable. O que descubre Diego é que os segredos en Serramoura chegan moito máis aló do que pensaba. Os sospeitosos de sé-los asasinos de Mónica Triáns aumentan.

<<< Ver capítulo 6 >>>

Capítulo 5. Unha amiga.

En Serramoura, organizado por Marga e Raquel, celébrase un funeral na honra de Mónica. Un último adeus. Pero mentres o seu verdadeiro asasino siga solto non poderá descansar en paz. ¿Quen matou a Mónica Triáns? A lista de sospeitosos aumenta ó incluirse ó descoñecido que aparece xunto a Mónica Triáns na fotografía furtiva que Román Fiuza lle sacou, levado pola súa obsesión.

<<< Ver capítulo 5 >>>

Capítulo 4. Lume.

Un incendio provocado convértese nun novo caso dos nosos protagonistas. Os terreos de Evaristo están ardendo e con eles o futuro da vila. A garda civil debe dar co culpable antes de que Evaristo imparta a súa propia xustiza.

<<< Ver capítulo 4 >>>

Capítulo 3. Queimando probas.

Un atraco nun banco a punta de pistola conmociona novamente Serramoura. O atracador non levou carto algún, só unha caixa de seguride a nome de Mónica Triáns. Diego e Marga deben buscar a conexión entre ambos crimes.

<<< Ver capítulo 3 >>>

Capítulo 2. O año na lobeira.

Un asalto con agresión no pequeno dispensario da vila, dirixido polo doutor Emilio de la Cruz, porá ós nosos protagonistas na pista dun tóxicomano da vila. Pero as súas pesquisas acaban relacionándoo co caso de Mónica Triáns. ¿Están ambos crimes conectados?

<<< Ver capítulo 2 >>>

Capítulo 1. Homicidio.

A aparente tranquilidade de Serramoura vese truncada o día que Mónica Triáns, unha rapaza duns 25 anos, aparece asasinada no medio do monte. Deseguido, a Garda Civil envía a Diego, un experto que se unirá a Marga, unha axente da zona, para investigar o caso.

<<< Ver capítulo 1 >>>

Séguenos en…

DESCUBRE MÁIS SERRAMOURA…

#QUEDAMOITASERRAMOURA

SERIE PRODUCIDA POR…

PARA…