HISTORIA
OS INICIOS DE SERRAMOURASerramoura conta a historia dunha pequena e tranquila vila do interior de Galicia. Unha vila que vive da explotación madeireira e na que dúas familias, os Soutelo e os Fiuza, loitan por facerse co control.
Para resolver os casos, a Comandancia da Garda Civil conta cos sarxentos Marga Neira e Diego Bazán, dous gardas especializados en investigación criminal con dúas personalidades opostas condenadas a entenderse.
O traballo desta estraña parella irá desvelando episodio a episodio os segredos, as miserias e os conflictos desta vila galega, tan recoñecible coma inquietante: Serramoura.