PERSONAXES EPISÓDICOS
Por Serramoura xa pasaron uns cantos forasteiros e algúns da vila que veñen e van. Aquí podes atopalos…

Peixe
Andrés Giráldez
Como el mesmo di, é un tipo honrado, amigo dos seus amigos, un proletario. Tóxicomano, cousa mala que o leva a meterse en problemas.
[TEMPORADA 1-2-3-4-5-6]

Emilia
Iris Darriba
Emilia chegou a Serramoura cun obxectivo: aprender o oficio de delincuente co mellor mestre posible.

Eduardo
Manuel Sanmartín
Eduardo é un perigoso criminal que chegou a Serramoura buscando un valioso maletín.

Darío
Xaquín Domínguez
Coñece todo o pasado do seu vello amigo, o sarxento Diego Bazán.

Ezequiel
Sonia Mendez
Membro da Garda Civil. É especialista en informática e a encargada de atopar todos os detalles dos sospeitosos.

Ezequiel
Fran Lareu
Un dos monxes de congregación de Santa Catarina en Serramoura. Segundo el, tiña unha misión encomendada: facer xustiza.

Matías
Manuel Lourenzo
Abade do mosteiro antes de chegada de Xerardo e un dos monxes máis vellos. Matías agochaba un segredo que non podeía desvelar a ninguén.

Xerardo
Lucho Penabade
Abade do mosteiro de Santa Catarina en Serramoura.

Rebeca
Ana Conca
Representante dunha multinacional madeireira en Serramoura, Rebeca tiña como misión facer con todo o sector na vila. O único que gañou foron inimigos.

Berta
Carmen Méndez
Propietaria da explotación gandeira na que traballaba Carla.

Álvaro
Lino Braxe
Pai de Carla. O seu duro carácter provocou que todo o mundo o sinalase como principal sospeitoso do intento de asasinato da súa filla.

Carla
Raquel Espada
Veterinaria e veciña da vila, acusou ao seu pai de intentar asasinala.

Adolfo
Víctor Mosqueira
Traballador da madeira e mellor amigo de Miro. O seu final non deixou indiferente a ningún veciño de Serramoura.

Miro
Sergio Pazos
Presionado polas débedas, Miro cae nunha trampa e participa nun roubo. O que acontece despois é unha sucesión de mala sorte.

Corso
Toni Salgado
Corso é un perigoso criminal que tiña unha débeda pendente con Diego Bazán, o habitual en Serramoura.

Alba
María Tasende
Esta reporteira chegou a Serramoura para investigar a actuación da Garda Civil nos seus casos máis mediáticos.

Aníbal
Samuel Blanco
Xefe dunha seita. A Garda Civil non foi quen de probar a súa implicación en varios crimes.

Sabela
Catuxa Leira
Sabela é a filla dun dos profesores de Quique do instituto. Despois dun tempo lonxe da vila volveu por motivos persoais e comezou unha relación co cabo Parcero, pero Román Fiúza non tardou en meterse no medio…

Cazador
Miquel Insua
O “cazador” é un dos habitantes máis misteriosos de Serramoura. Trátase dun vello militar que habita nos montes de da vila e co que Román, Evaristo e Hugo viviron unha situación que non se lles esquecerá na vida.

Rodrigo
Daniel Currás
Xefe da banda de atracadores que chegou a Serramoura buscando a Sonia. Detido despois de secuestrar a Evaristo, Luz e Gloria na taberna.

Sonia
Patricia Torres
Sonia chegou a Serramoura fuxindo da banda de atracadores á que pertencía.

Arturo Iglesias
Josito Porto
Bibliotecario de Serramoura ata que foi investigado por un suposto delito de pederastia. Aínda que o caso resolveuse e demostrouse que era inocente, marchou da vila.

Don Amancio
Xavier Estévez
É o párroco de Serramoura. Grazas a unha herdanza, converteuse no maior propietario de monte de Serramoura, pero Evaristo nin Teresa van permitir que o cura controle a explotación.
[TEMPORADA 2-3-4-5-6]

Dolores Rivas
Susana Sampedro
A nova tenente Dolores Rivas chegou a Serramoura pisando forte. Os seus métodos pouco ortodoxos non tardaron en casar coas particularidades dunha vila como Serramoura.
[TEMPORADA 6]

Antía
Tamara Canosa
Antía ten cara de anxo pero agocha a unha asasina retorcida.
[TEMPORADA 6]

Marcelo Conde
Fernando Tato
Marcelo Conde pertence a esa clase de “criminais con estilo”.
[TEMPORADA 6]

Elena
Lucía Platas
A suposta moza de Román só tiña un obxectivo: vingarse de Evaristo.
[TEMPORADA 6]

Santiso
Gaspar Somoza
Santiso foi un empresario de éxito que cometeu o erro de pedir un favor a Antía.
[TEMPORADA 6]

Estevo
Hugo Castro
Ricardo fixo boas migas con Tomás despois de longas xornadas de pesca no río de Serramoura.
[TEMPORADA 6]

Tenente Canaval
Fran Peleteiro
O Tenente Cavanal chegou a Serramoura cunha misión: desmantelar unha rede de perigosos criminias.
[TEMPORADA 6]

Ricardo
Fernando Morán
Ricardo fixo boas migas con Tomás despois de longas xornadas de pesca no río de Serramoura.
[TEMPORADA 6]

Mateo
Brais Yanek
Mateo chegou a Serramoura cunha misión: axudar a Gloria a acabar con Evaristo, Teresa e Rogelio. Conseguiranno?
[TEMPORADA 6]

Rogelio
Cesar Cambeiro
Rogelio era o alcalde de Serramoura ata que Evaristo gañou as eleccións. Está acostumado a tratar con xente da talla de Teresa Soutelo e tampouco entende de lealdades.
[TEMPORADA 2-3-4-5-6]

Celso
Miro Magariños
Celso é dono da casa de turismo rural de Serramoura e como moitos veciños da vila, detrás dunha porta oculta moitos segredos.
[TEMPORADA 6]

Rosa
Casilda Alfaro
Rosa é unha muller que pasou polo peor que lle pode ocorrer a calquera nai, que lle maten ao seu fillo.
[TEMPORADA 6]

Lopo
Pedro Picos
Lopo é un cazador furtivo de Serramoura que destaca pola súa brutalidade.
[TEMPORADA 6]

Vicente
Pastor Feal
O peor que fixo Vicente na súa vida foi ver algo que non debía.
[TEMPORADA 6]

Tenente Pardo
Alberto da Isla
O Tenente Pardo caracterízase pola prefenrencia do traballo de oficina, polo que non durou moito en Serramoura…
[TEMPORADA 6]

Bea
Marta Lado
A cabo Beatriz Vara chegou como reforzo no Posto de Mando de Serramoura e grazas ao seu bo favor conseguíu un sitio no cuartel.
[TEMPORADA 4-5]

Bolaño
Manuel Regueiro
Bolaño é un dos criminais máis perigosos que pasaron por Serramoura, pero a diferenza é que este non quere acabar con Diego e Marga. Quere protexelos.
[TEMPORADA 4-5]

Cerqueiro
Mónica Caamaño
Cerqueiro é un dos personaxes máis inquitantes de Serramoura. Cales son as súas intecións na vila?
[TEMPORADA 5]

Alicia
Laura Míguez
Alicia apareceu nos montes de Serramoura 14 anos despois da súa desaparición. Onde estivo todos estes anos?
[TEMPORADA 5]

Elías
Javier Varela
Elías é un misterioso veciño de Serramoura que esconde moitas cousas no seu faiado.
[TEMPORADA 5]

Abel
Mateo González
Abel é un psicólogo que colabora coa garda civil.
[TEMPORADA 5]

Leo
Jorge Gallardo
Leo é o irmán de Fani e estará disposto a calquera cousa para axudala.
[TEMPORADA 4]

Fani
Borja Calvar
Fani oculta un profunda trauma.
[TEMPORADA 4]

David
Borja Calvar
David é un dos antigos amigos de Fer.
[TEMPORADA 4]

Antía
Ledicia Piñeiro
Antía era unha das mellores amigas de Fer e noiva de David.
[TEMPORADA 4]

Silvia
Alba Bermúdez
Cando a pandilla de Fer separouse, Silvia quedou no lado de Fer. É a moza de Adri.
[TEMPORADA 4]

Adri
David Vila
Adri era un dos membros da pandilla de Fer, e despois do seu distanciamento seguía sendo amigo. É o mozo de Silvia
[TEMPORADA 4]

Nano
Jaime Núñez
Nano é o mozo de Fer.
[TEMPORADA 4]

Fer
Fer Couto
O corpo de Fer apareceu nas inmediacions dun edificio abandonado. As primeiras pesquisas apuntan a un suicidio, pero os golpes que tiña por todo o corpo indican que recibíu unha malleria. Por que?
[TEMPORADA 4]

Toño
Víctor Duplá
Toño é o novo mozo de Marga, un veciño de Serramoura e coñecido da familia Neira de toda a vida. A súa relación con Marga parece que vai vento en popa, tanto é así que ata planean vivir xuntos. Só hai un problema, Toño vén cun agasallo incluído: dous fillos e a súa “encantadora ex”.
[TEMPORADA 4]

Bolaño
Manuel Rgueiro
Bolaño é unha testemuña protexida que solicitou o traslado a Serramoura. O motivo, esta por ver.
[TEMPORADA 4]

Diana
Déborah Vukusic
Diana chega a Serramoura cunha misión oculta.
[TEMPORADA 4]

Bruno
David Novas
Un home misterioso, aposto e capaz de reducir a un home nun dicir amén. Así se presentou na taberna, con traxe caro e unha enorme maleta que cheira a problemas. Pero, que veu facer Bruno a Serramoura?
[TEMPORADA 4]

Víctor
Marcos Correa
Víctor é un investigador de asuntos internos que chega s Serramoura cun obxectivo claro: afundir a carreira de Diego Bazán.
[TEMPORADA 1 e 4]

Nico
Fran Nogueira
Nico sempre vai con Lucho, o seu “brother”. Dous balas perdidas, especialistas en meterse en leas, como saen delas xa é outra cousa.
[TEMPORADA 4]

Lucho
Marcos Grande
Lucho é o “brother” de Nico. Xuntos farán máis dun estrago en Serramoura.
[TEMPORADA 4]

Bieito
Santiago Cuquejo
Bieito é o fillo maior de Toño. Cando a Garda Civil de Serramoura descobre que está implicado nunha rede de roubos, Bieito desaparece. A súa procura complícase e fai que saian á luz escuros segredos da súa familia.
[TEMPORADA 4]

Isabel
Miriam Rodríguez
Isabel é a moza de Bieito e unha das sospeitosas da súa desaparición. Mente máis do que fala, polo que non para de entorpecer a investigación.
[TEMPORADA 4]

Mario
Dani Ciges
É amigo de Bieto, aínda que a relación secreta que mantén coa noiva de Bieto pon en dúbida a amizade de ambos, e fai que non se libre de estar na lista de sospeitosos.
[TEMPORADA 4]

Lois
Áxel Fernández
É o fillo pequeno de Toño. Ten un carácter forte e parece que oculta algo sobre o secuetro do seu irmán Bieito.
[TEMPORADA 4]

Inés
Camila Bossa
É a “encantadora ex” de Toño coa que Marga terá que lidiar.
[TEMPORADA 4]

Chino
Machi Salgado
Chino é socio de Santos, aínda que a súa alianza non dura moito tempo.
[TEMPORADA 4]

Micaela
Melania Cruz
Micaela dirixe o clan da mafia rusa, unha muller moi ambiciosa que vai revolucionar Serramoura.
[TEMPORADA 3]

Clara
Paula Sanmartín
Clara é Alférez da Garda Civil, chega a Serramoura como infiltrada no clan de Micaela.
[TEMPORADA 3]

África
Cristina Iglesias
Cando Román coñeceu a África, non sabía todos os problemas que viñan con ela, e é que traballar para os rusos é como deberlle a alma ao demo. África é unha sobrevivente, e esta disposta a todo para cambiar o seu destino.
[TEMPORADA 3]

Fatmir
José Luis López Sacha
Fatmir é un avogado da mafia rusa, sempre estará atento ás manobras que levan a cabo para facerse co lugar.
[TEMPORADA 3]

Solokov
César Aldea
Solokov estivo pouco tempo en Serramoura, pero foi suficiente para facer tratos con Santos, estorsionar a medio pobo e gañarse unhas cantas inimizades. O seu final: un tiro na tempa. Pero a súa morte traerá moitos problemas.
[TEMPORADA 3]

Martín
Denís Gómez
O novo médico de Serramoura. Aínda que é sobriño de Dona Teresa non ten nada que ver cos Soutelo. A súa presenza na vila alterará as pretensións da súa tía.
[TEMPORADA 1-2-3]

Olaia
Leire Rodríguez
Olaia é a filla maior dos Piñeiro e a única que se salvou do crime tan espantoso que aconteceu en Serramoura.
[TEMPORADA 2-3]

Aurora
Almudena Ripamonti
A súa relación coa familia Piñeiro ten unha versión oficial: a de profesora de Olaia, e outra máis íntima: ser a amante do pai de Olaia. Teremos que ver cal pesa máis nesta historia.
[TEMPORADA 3]

CAMILO
Tacho González
Director do colexio de Olaia. Un home preocupado pola reputación da súa escola, tanto é así, que parece importarlle máis que a traxedia vivida por unha das súas alumnas. Móstrase frío e incómodo ante a situación. Que esconderá?
[TEMPORADA 3]

MARCIAL
Santi Prego
Amigo ou inimigo da familia Piñeiro? Non queda claro en que bando está Marcial.
[TEMPORADA 3]

Tino
Ando Caravajal
Tino era un dos madeiristas máis afamados de Serramoura pero deixar colgado a Evaristo na carreira das eleccións provocou que o seu negocio fose a pique. Apareceu morto no maleteiro do seu coche.
[TEMPORADA 2]

Marisa
Mariana Carballal
Marisa tiña moito medo. Medo a quedar sen marido. Por iso cando soubo que Tino quería deixala non dubidou en coller o coitelo e acabar coa súa vida.
[TEMPORADA 2]

Álex
Sheyla Fariña
Era filla de Pancho e Raquel, aplicada e responsable. Álex era unha rapaza apasionada e decidida en todo o que facía. Non era complicado verlle parecido coa súa tía Marga, aínda que só foxe no ánimo e no seu profundo amor a Serramoura.
[TEMPORADA 1-2]

Pepe
Xan Casas
Pepe era o sacristán da parroquia de Serramoura. Actualmente pasa unha longa condena no cárcere despois de ser cómplice de Lourdes na trama de arte roubado.
[TEMPORADA 2]

Lourdes
Carmen Blanco
Lourdes é a típica veciña de Serramoura, discreta, que acode a misas tódolos días, e que sen pensalo dous veces asasinou a Lucas e Álex para mater o seu negocio de arte relixioso roubado.
[TEMPORADA 2]

Claudio Noriega
Marcos Orsi
Noriega é o dono dun anticuario. A súa relación con Serramoura foi a de mercar as pezas roubadas de Lourdes.
[TEMPORADA 2]

O Vigairo
Marcos Viéitez
O Vigairo é unha das persoas máis respectables de Serramoura. O seu contacto na vila é a través de Don Amancio e Dona Teresa.
[TEMPORADA 2]

CARMEN VARELA
Iria Piñeiro
Carme é a nai de Marga e Raquel. A súa vida non foi tan fácil como debería pois padecía dun trastorno metal. As visións que a atormetaban fixeron que un bo día sacase a Marga e Raquel da casa para acabar con elas.
[TEMPORADA 2]

Roque
Toño Casais
Roque, un home de familia que ten moi claro o que quere e que non parará ata conseguilo.
[TEMPORADA 1-2]

María
María Salgueiro
María , loitadora e con carácter, antepón os desexos dos demais aos seus. A súa volta en Serramoura fará renacer antigas paixóns.
[TEMPORADA 1-2]

Helena
Paula Pier
A filla maior de Roque e María. Unha rapaza entusiasta e decidida que loitará por conseguir os seus desexos.
[TEMPORADA 1-2]

Silvia
Mariña Sampedro
A filla pequena de Roque e María. Aplicada e loitadora, intentará sobrepoñerse aos problemas que axexarán á súa familia.
[TEMPORADA 1-2]

Iago
Alberto Rolán
Xunto ao seu irmán Candi, realizan un violento asalto na casa dos Fiúza. Iago é impulsivo e vengativo.
[TEMPORADA 2]

Candi
Paulo Serantes
Candi é máis prudente que Iago, pero na fuxida tras o asalto á casa dos Fiúza, sae peor parado que o seu irmán, cando no seu camiño se cruza cos home de Santos.
[TEMPORADA 2]

Inés Carro
Mónica García
Os métodos autoritarios da sarxento Inés Carro non gustaron nada en Serramoura. A vinganza persoal era máis importante para Inés que salvar aos inocentes das fauces de Anxo.
[TEMPORADA 1]

Anxo
Fernando Da Costa
Ningún veciño de Serramoura podería sospeitar de Anxo: apuocado, tímido, un miña xoia. Pero debaixo desa pel de año escondíase un asasino en serie que atemorizou Serramoura.
[TEMPORADA 1]

Bernardo
Lois Soaxe
Bernardo é o xefe dunha das cuadrillas que traballa para Santos. O traballo da cuadrilla vese interrompido coa incorporación de Gloria , quen parece ter intencións de usurpar o seu liderazgo.
[TEMPORADA 1]

Pablo
Rubén Castro
Pablo é irmán de Xoan. A súa relación ten moitas redencillas que desencadean enfrentamentos entre as cuadrillas de Evaristo e Santos.
[TEMPORADA 1]

Xoán
Artur Trillo
Pertence á cuadrilla de Evaristo. Vive un conflicto co seu irmán, o que provocará que aumente a tensión na guerra que enfronta a dous bandos: o de Evaristo e Santos.
[TEMPORADA 1]

Gonzalo Soutelo
Fran Paredes
Gonzalo Soutelo, era o propietario do serradeiro de Serramoura, o motor económico da vila. Instruido polo seu pai empezou dende mozo para traballar no serradoiro, pasando por tódolos postos e áreas da empresa. Gonzalo traballou arreo para captar capital, socios e talento e poder salvar así a empresa familiar, pero fóiselle das mans.
[TEMPORADA 1]

Sara
Estíbaliz veiga
Sara, unha supervivente en toda regra que chega a Serramoura para desvelar moitos segredos.
[TEMPORADA 1]

Xuíz Xoaquín
Chencho Campos
Un home que sabe a lei, e tamén sabe a trampa.Capaz de rematar ca vida doutros por manter limpa a súa reputación.
[TEMPORADA 1]

Chisco
Vicente Mohedano
Un home solitario e de sangue frío; un sicario profesional contratado polo xuíz.
[TEMPORADA 1]

Félix
Pepe Penabade
Felíx rexenta o club Bolboreta. Sabe tratar ben ós clientes e portexer ó seu negocio.
[TEMPORADA 1]

Emilio
Xosé Barato
Xosé Barato interpreta a Emilio de la Cruz, o médico de Serramoura. Home tranquilo, xeneroso e pacífico. Emilio ten unha relación sentimental con Marga, da que está profundamente namorado.
[TEMPORADA 1]

Raúl Salzar
Xosé Manuel Esperante
Chega á vila para cumprir unha misión, desfacerse da documentación de Mónica Triáns.
[TEMPORADA 1]

Andrés
Suso Cortegoso
Andrés, veciño de Serramoura, entrou en máis dunha ocasión no cárcere por pirómano. Nunha destas, cando sae en liberdade coincide que alguén provoca un incendio no monte, e deseguido lle acusan a el, mais esta vez parece que a autoría é doutro.
[TEMPORADA 1]

Tito
Sergio Zearreta
Traballaba no serradoiro. Un home con unha conciencia proletaria, que loitou polos dereitos dos traballadores cando os Soutelo non pagaban as súas nóminas.
[TEMPORADA 1]

Mónica Triáns
Sara Casasnovas
Chegou a Serramoura hai dous anos. Non tardou en gañar as simpatías dos veciños. Boa psicóloga de barra, pasa moitas horas escoitando as súas confidencias. Confidencias que se transforman en problemas.
[TEMPORADA 1]