TENENTE TOMÁS PENEDO
ALFONSO AGRA
Tenente do posto de mando de Serramoura. É un xefe ecuánime, decidido e eficaz cando hai que selo, pero Tomás procura traballar o menos posible. Non tanto por preguiza senón porque é consciente de que no seu caso, o pouco traballo é sinal de orde e tranquilidade. El onde está cómodo é sentado detrás do seu escritorio, tranquilo e evitando problemas.