SUCESOS DE SERRAMOURA
CRIMENES, LOITA DE PODER, ENFRONTAMENTOS ENTRE FAMILIAS...Unha mensaxe de Bieito fai que atopen un cadáver no monte
A investigación sobre a desaparación de Bieito segue avanzando. Unha mensaxe de texto enviado polo mozo desaparecido conduce á Garda Civil de Serramoura ata un punto do monte onde se atopa enterrado un cadáver que leva anos mortos. A identidade do mesmo aínda non foi desvelada.
Evaristo Fiúza desvincúlase do Serradoiro
Pouco lle durou a alegría a Evaristo Fiúza. Custoulle desprenderse del, pero un trato é un trato e así llo fixo ver Raquel. E é que ela sabe manexar as palabras e poñer á xente no seu sitio, aínda que se trate dun Fiúza. Agora, Dona Teresa recuperou o seu patrimonio, e a pesar de que a Evaristo non lle vai tan ben co tema dos montes, parece que todo volve á normalidade, polo de agora, xa que en Serramoura pode pasar calquera cousa.
Serramoura volve a ser de Serramoura
O cuartel de Serramoura logrou desmantelar á mafia rusa, Micaela e os seus secuaces foron detidos e Román liberado.
Bieto Gil, desaparecido
Tras ser detido pola súa suposta implicación nunha trama de roubos de maquinaria, o mozo desapareceu sen deixar rastro.
A vida da Sarxento Neira pende dun fío
Marga loita por saír adiante tras recibir recibir un disparo a pelacorpo na porta da súa casa. Mentres no cuartel, a prioridade é atopar ao culpable, e Diego está disposto a interrogar a media Serramoura ata conseguilo.
Tres atracadores asaltan o clube de Micaela
Tres atracadores, un tanto inexpertos, atracaron o club que rexenta Micaela a punta de pistola. Durante o asalto retiveron a varios veciños de Serramoura o que provocou un gran balbordo entre os familiares dos reféns, entre os que se atopan Raquel, Román, Pancho e Quique, quen resultou ferido provocando un alto nivel de crispación entre os seus compañeiros do cuartel.