SUCESOS DE SERRAMOURA

TEMPORADA 2

Un crime do pasado

Un cadáver leva enterrado máis de 30 anos nos montes de Serramoura, tras realizar as primeiras investigacións, descóbrese que se trata dos restos da nai de Marga e Raquel. As primeiras pistas atopadas apuntan a que foi asasinada por Moncho. Pero Marga e Raquel non o teñen tan claro, polo que continúan a investigación pola súa conta. Quen será o verdadeiro asasino?


Evaristo alcalde

Tras unha campaña moi rifada, e cando parecía que Evaristo non tiña nada que facer contra Rogelio. O partido dos Fiúza, apoyado por Teresa Sotelo, conseguiu entrar gañar as eleccións municipais de Serramoura.


A morte de Álex en extrañas circunstancias

A traxedia volveu a Serramoura e afectou de cheo a unha das familias máis queridas da vila, os Neira. Trátase da morte de Álex en estrañas circunstancias. O seu corpo apareceu rodeado de elementos relexiosos e o resultado da autopsia indica que foi envelenada con estramonio, unha droga coñecida popularmente como “herba do demo”.

A medida que avanza a investigación, o caso complícase máis. A lista de sospeitosos compóñena persoas con poder, capaces de bloquear cada paso que dan os do cuartel de Serramoura.


serradoiro en mans de Gloria

O serradoiro dos Soutelo hai tempo que se lles resiste. Ultimamente a dirección do mesmo converteuse nunha gaiola de grilos con tanto bipartidismo e cambio de propietarios. Pero agora, Dona Teresa terá que cambiar de estratexia, porque Gloria soubo xogar ben as súas cartas e gañou a partida.


SÉGUENOS EN…

DESCUBRE + SERRAMOURA…

#SERRAMOURAT4

SERIE PRODUCIDA POR…

PARA…