SUCESOS DE SERRAMOURA

CRIMENES, LOITA DE PODER, ENFRONTAMENTOS ENTRE FAMILIAS...

O serradoiro ten un novo socio: Evaristo Fiúza

É sabido por todos, o empeño que sempre tivo a familia Fiúza por consguir o serradoiro. Desde que Evaristo entrou no xogo dos rusos, recuperou terreo e moito poder en Serramoura, pero esta recuperación custoulle numerosas inimizades cos seus veciños. A ultíma xogada de Evaristo e Micaela fixo que conseguira o seu maior obxecto de desexo: o serradoiro, iso si, a base de chantaxes.

 


A mafia rusa aséntase en Serramoura

A mafia busca apoderarse do negocio da madeira á conta do que sexa. As súas prácticas máis habituais son a extorsión de negocios, ameazas, subornos, mesmo secuestros e asasinatos.
Sementaron o medo en Serramoura, pero tamén as diferenzas entre os veciños que traballan con eles e os que se opoñen a este asentamento que resulta máis ben unha usurpación.


O crime máis arrepiante de Serramoura

Tres membros dunha mesma familia apareceron brutalmente asasinados na súa casa de Serramoura, agás a súa filla, Olaia, que tivo o tempo xusto para agocharse no armario da súa habitación. Horas antes, a familia de Olaia denunciara a desaparición da pequena, pero Quique logrou atopala sá e salva. A pequena díxolle a Quique que nas últimas semana alguén a observaba: o demo.

Aparece o cadáver dun mafioso ruso no monte de Serramoura

Apareceu un corpo sen vida no monte. Según informan no cuartel trátase dun homicidio e a víctima é un xefe da mafia Rusa, polo que dende Comandancia advirten que este suceso pioda desencadear represalias que poñan en perigo a seguridade cidadá, polo que o cuartel de Serramoura manterase en alerta os próximos días.


Os montes do cura teñen novo propietario 

Desde que Don Amancio puxo á venda os terreos da Igrexa, montes de gran valor, varios veciños de Serramoura rascáronse os petos para participar na poxa e facerse coas terras.

Aínda que Doa Teresa prepararou todo para controlar as cantidades da poxa, enganando a Gloria coa axuda de Rogelio, a sorpresa chegou co último participante. Santos, que conseguiu facerse cunha gran cantidade de cartos e tombar aos seus adversarios.

Agora, os terreos máis prezados de Serramoura están en mans de Santos e dos seus novos socios, os rusos. Veremos que lle depara ao futuro deses montes e do propio pobo.

SÉGUENOS EN…

DESCUBRE + SERRAMOURA…

PRÓXIMO CAPÍTULO…

SERIE PRODUCIDA POR…

PARA…